Mapa do tesouro para que as crianzas realicen unha búsqueda pola illa.
Bloggerxose
Translate
Buscar neste blog
martes, 8 de maio de 2018
RECORDOS
xoves, 26 de abril de 2018
Actividades
Xoves, 26 de Abril, 2018
Trala presentación do blog e do patrimonio, chega a hora de propoñer as actividades da nosa unidade didáctica, que se adecúen aos obxectivos que marcamos na presentación. O inicio da nosa unidade dará comezo o venres 15 de Xuño de 2018, e a continuación veredes o porqué desta data, que detallaremos no seguinte cadro; as actividades e a súa temporalización:
Venres 15
|
Luns 18
|
Martes 19
|
Mércores 20
|
Xoves 21
|
Venres 22
|
Sábado 23
|
Sesión 1
|
Sesión 2
|
Sesión 3
|
Sesión 4
|
Sesión 5
|
Sesión 6
|
Sesión 7
|
DURACIÓN ACTIVIDADE
|
DURACIÓN ACTIVIDADE
|
DURACIÓN
ACTIVIDADE
|
DURACIÓN
ACTIVIDADE
|
DURACIÓN
ACTIVIDADE
|
DURACIÓN
ACTIVIDADE
|
DURACIÓN
ACTIVIDADE
|
30 minutos na primeira hora da
mañá.
|
Unha hora e media.
|
Adicarémoslle toda a maña de clase
|
será nas 2 primeiras horas da
mañá.
Subida ao blog do día de onte e o
de hoxe. Dedicándolle un tempo de 1 hora
|
Dúas horas despois do recreo
|
1 hora
|
Dende as 11:00 a 18:00
|
SESIÓN 1:
Neste primeiro día comezaremos cun faladoiro, no que coñeceremos nunha valoración inicial o que coñece o alumnado sobre a Illa de Cortegada. A isto adicarémoslle un tempo de 30 minutos na primeira hora da mañá. E encargarémoslle que durante a fin de semana investiguen todo o que poidan sobre a illa, o marisqueo, e o sector servizos de hostalaría que son moi característicos da zona, recursos que poidan buscar na rede, información que poidan obter das sùas familias, pais, avós, etc,..
SESIÓN 2:
Nesta segunda sesión, o alumnado contarannos todo o que investigaron, preguntándolle a familiares, internet, fotos antigas que nos poida aportar. E con toda esta información subirémola o blog de aula. Nesta sesión adicarémoslle unha hora e media.
SESIÓN 3:
Na terceira sesión e co permiso correspondente dos pais. E incluso coa axuda dalgúns deles (pois seguro que na aula teremos algún familiar que nos aporte a súa sabedoría) acudiremos a mariscar a zona da illa de Cortegada. O alumnado poderá practicar e aprender o nome dos aparellos de marisqueo. Ademais o alumnado poderá distinguir as diferencias entre a ameixa babosa (cunha cuncha máis “suave”, a xapónica coa súa cuncha máis dura e o berberecho). Cabe salientar que ademais de parecer unha clase de bioloxía onde distinguiremos distintos tipos de especies, tamén traballaremos transversalmente as matemáticas co tema da clasificación. A esta sesión adicarémoslle toda a maña de clase. É obvio dicir, que o alumnado debe levar unha roupa axeitada ao labor que imos desempeñar, ademais da bebida e merenda.
SESIÓN 4:
A cuarta sesión consistirá na visita a lonxa, onde o alumando observará como o marisco que recolleron no día de onte, será subastado hoxe a hostalaría. Esta visita será nas 2 primeiras horas da maña. Tralo recreo faremos a subida ao blog do día de onte e o de hoxe. Dedicándolle un tempo de 1 hora.
SESIÓN 5:
Nesta quinta sesión acudiremos a un bar bastante coñecido da zona, familiar dun alumnado que se ofreceu voluntario para ensinarlle ao alumnado a preparación culinaria da ameixa e a posterior venta e degustación aos comensales que neste caso seremos nos (alumnado e docentes).A isto dedicarémoslle dúas horas despois do recreo.
SESIÓN 6:
Na sexta sesión subiremos as fotos e a documentación ao blog. Ademais prepararemos a última saída de mañá recordando todo o que temos que levar. Tempo dedicado 1 hora.
SESIÓN 7:
Nesta última sesión e ademais ultimo día do curso faremos unha excursión familiar a Illa de Cortegada ( despois de solicitar o permiso ao parque de illas atlánticas).
Partiremos as 11 da mañá do porto de Carril en kayaks e coas medidas de protección apropiadas, cascos e chalecos salvavidas.
As familias levarán comida e bebida para o día.
Na illa faremos unha ruta guiada pola illa ,onde o guía nos fará unha explicación de todo o contexto histórico da illa.
Xa pola tarde, e trala comida en grupo, adicarémola a xogos tradicionais dirixidos polo mestre de educación física. Ademais entregaráselle un croquis da illa (como o que subiremos nunha da próximas entradas), ás familia e as crianzas, cunha serie de instrucións, do tipo a "300 pasos a esquerda da capela e150 pasos á dereita existe un tesouro enterrado que teredes que topar". Con esta pretendemos fortalecer o sentido de orientación no alumnado, e o traballo en equipo.
Coa axuda da docente de Inglés faremos xogos nesta lingua.
Sobre as cinco da tarde partiremos de novo o porto de Carril. e se o tempo acompaña poderemos bañarnos nas cristalinas augas da Ría de Arousa e desembocadura do Ulla.
Debemos ter a precaución de recoller todo o lixo que xeramos e traelo de volta a porto. pois na illa non existe recollida. Fomentando o coidado polo medio ambiente
martes, 24 de abril de 2018
24/04/2018
CONTEXTUALIZACIÓN DO BEN
Temos que destacar que esta illa que pertence o Parque Nacional das Illas Atlánticas, A Illa de Cortegada é a máis grande do Arquipélago de Cortegada que está formada por a Illa de Malveira Grande e Chica, Briñas e o Illote do Cón. Están situadas no concello de Vilagarcía de Arousa, na desembocadura do Río Ulla no Océano Atlántico, polo que posiblemente se trate dun estuario.
Esta unión fai que sexa unha zona idónea para o cultivo da ameixa babosa e do berberecho (tradicional de Carril, pero que se está vendo invadida pola ameixa xapónica –con máis rentabilidade para os mariscadores pero de menos calidade que a babosa tradicional-).
Sabemos que existe un pequeno desembarcadoiro, e que tradicionalmente en tempos de mareas vivas, e na parte máis próxima ó continente que extrema con Carril, se podía atravesar do continente á illa polo que se denominaba o “camiño de carro” e é por isto unha das posibles razóns que Carril deba o seu nome a esta situación.
Ademais das vivendas dos colonos que se encargaban dos coidados da illa do rei Alfonso XIII, que foron os últimos en abandonar a illa. Hoxe abandonadas e cubertas pola maleza, existe tamén un santuario románico que data do 1334, adicada as Virxes dos milagres. Ademais, aló polo 1652 constrúese un pequeno hospital para evitar as epidemias que asolaban a nosa Galiza pola época.
martes, 3 de abril de 2018
03/04/2018
Ola a todos e a todas, como alumno da UVIGO, da Facultade de Ciencias da Educación do grado de Educación Infantil, hoxe comezamos a nosa andadura na materia de Ciencias Sociais. O tema que trataremos será sobre a Illa de Cortegada. Agardamos que vos agrade a nosa experiencia sobre as investigacións da nosa illa ademais da proposta de unidade didáctica que faremos sobre este ben.
A nosa proposta de unidade ímola encadrar dentro do Colexio Público "Mariví Villaverde" o cal está ubicado en Carril, localidade pertencente ao concello de Vilagarcía de Arousa, e na provincia de Pontevedra. Encadrarémola no 6º curso de Educación Infantil.
O centro acolle ao alumnado da súa área de influencia como son Carril, Trabanca Sardiñeira, Bamio, Guillán e Vilagarcía.
É por isto, que o tratar o tema da Illa de Cortegada, ao ser unha illa que pola súa proximidade, tanto a zona de residencia do alumando como do centro escolar; seguramente vai ser un centro de interese para eles.
Marcaremos como obxectivos desta unidade:
A nosa proposta de unidade ímola encadrar dentro do Colexio Público "Mariví Villaverde" o cal está ubicado en Carril, localidade pertencente ao concello de Vilagarcía de Arousa, e na provincia de Pontevedra. Encadrarémola no 6º curso de Educación Infantil.
O centro acolle ao alumnado da súa área de influencia como son Carril, Trabanca Sardiñeira, Bamio, Guillán e Vilagarcía.
É por isto, que o tratar o tema da Illa de Cortegada, ao ser unha illa que pola súa proximidade, tanto a zona de residencia do alumando como do centro escolar; seguramente vai ser un centro de interese para eles.
Marcaremos como obxectivos desta unidade:
- Innovación educativa e integración das TIC para aprender a aprender.
- Participación da comunidade educativa e o entorno: fomentaremos a participación e colaboración da comunidade educativa para crear situacións de aprendizaxe reais, esenciais para o proceso de aprendizaxe de nenos e nenas
- Respecto ao medio: potenciaremos a formación no respecto e defensa do medio ambiente.
- Educar para a saúde e a hixiene a través de estilos de vida saudable.
- Dar a coñecer este ben, e do patrimonio que temos á beira das nosas casas, e que en moitos casos non chegamos a darlle o valor que ten.
- Con esta proposta de unidade, agradaríanos que lles poidese servir de axuda a algún docente que desexe facer uso dela na súa aula.
- E por suposto, como non, a nivel persoal irme construíndo o meu PLE, para nun futuro poder levalo á práctica.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)